Móbil cunha autonomía de 45 días en espera

luns, 20 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O Philips Xenium X830 é un móbil cuatribanda GPRS/EDGE, cunha pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles con foco automático, Bluetooth estéreo, reprodución multimedia, sintonizador de radio FM con RDS, 47 Mb de memoria interna ampliable con tarxetas microSDHC de ata 8 Gb, porto miniUSB, unhas dimensións de 105 x 53 x 15,5 milímetros e un peso de 120 gramos, o que non son unhas prestacións abraiantes se non fose porque o terminal promete unha autonomía de 45 días en espera.
Aínda non se coñece a data de lanzamento nin o prezo que terá este terminal, pero resulta esperanzador que conserve unha boa autonomía pese a incorporar unha pantalla de grandes dimensións e unhas características moderadamente avanzadas.

PUBLICIDADE