Monitor tridimensional de Hyundai

xoves, 12 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O fabricante nipón Hyundai anunciou o lanzamento do seu novo monitor W220S TriDef 3D, que é unha pantalla LCD panorámica de 22 polgadas cunha resolución de 1.680 x 1.050 píxeles, unha relación de contraste de 1.000:1, un brillo de 300 cd/m2, unha velocidade de resposta de 5 milisegundos e unha peculiar característica: permite ver as imaxes en pantalla en 3 dimensións se nos valemos dunhas lentes polarizadas.
Polo momento a visualización tridimensional se pode apreciar en aplicacións coma Google Earth 3D e un par de xogos 3D, pero sorprende por ser un produto comercial que se venderá dende este venres no Xapón a 98.000 iens (588 euros).
O monitor W220S mide 552 x 195 x 416 milímetros, pesa 7,3 quilogramos, conta con conexións VGA, DVI-D e HDMI e por desgraza ten un ángulo de visión algo reducido (150 graos en vertical e 160 graos en horizontal).

As lentes polarizadas incluídas co monitor 3D de Hyundai

PUBLICIDADE