Motorola presenta un novo móbil resistente con pantalla táctil

venres, 9 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Motorola vén de presentar en Milán o novo terminal Motorola WILDER, que destaca por ser resistente á auga e ao po, de xeito que os seus usuarios non teñen que preocuparse polo súa integridade cando están na praia ou a carón da piscina, que este mesmo mes chega ao mercado italiano por só 89 euros.
O Motorola WILDER ten unha resistente pantalla táctil de 2,8 polgadas, permite acceder a servizos como Facebook, Twitter e YouTube, conta con radio FM, reprodutor musical, cámara de 2 Mpíxeles, 5 Mbytes de memoria interna ampliable mediante tarxetas de ata 32 Gb, navegador web (Opera mini), o xogo Need for Speed preinstalado, Bluetooth, toma de auriculares estándar, e batería de 910 mAh que pode cargarse por micro USB e que permite unah autonomía de 575 minutos de conversa e 255 horas en espera.


Vídeo de presentación do Motorola WILDER

PUBLICIDADE