Motorola suma Android One e pantalla ultrapanorámica no seu novo smartphone
mércores, 15 de maio do 2019
Os
smartphones con Android One son toda unha garantÃa para moitos consumidores que
buscan unha experiencia de Android pura
e actualizacións rápidas do seus sistema operativo, e dentro da liña de móbiles
de Motorola que aposta por esta plataforma presentouse hoxe o Motorola One Vision,
que chama poderosamente a atención coa súa pantalla CinemaVision ultrapanorámica
Full HD+ de 6,3 polgadas, ou sexa, cunha relación de aspecto 21:9 propia das
pantallas de cine, permitindo asà un agarre cómodo cunha soa man á vez que
conta cunha grande superficie de pantalla que ten marcos bastante reducidos ao
agochar a súa cámara frontal de 25 MpÃxeles nun orificio na parte superior
esquerda da pantalla. Facendo uso da tecnoloxÃa Quad Pixel esta cámara frontal
consegue selfies de 6 MpÃxeles moi
nÃtidos en condicións de pouca luz.
A cámara traseira deste móbil tamén fai uso da tecnoloxÃa Quad Pixel, de xeito que o seu sensor de 48 MpÃxeles
(apoiado por un obxectivo secundario de 5 MpÃxeles) consegue unhas nÃtidas
imaxes de 12 MpÃxeles cun nivel de ruÃdo reducido, e grazas ao uso da
intelixencia artificial tamén pode gozar de captura automática de sorrisos,
iluminación de retrato e composición intelixente, facilitando a toma de grandes
fotografÃas dun xeito sinxelo. Tamén conta cun modo de visión nocturna que
axuda a conseguir imaxes sorprendentes con pouca luz.
A súa baterÃa de 3.000 mAh achega autonomÃa dabondo para empregar o móbil todo
o dÃa e coa carga rápida de 15 watts consegue capacidade para 7 horas de uso en
só 15 minutos de carga. O seu procesador Exynos 9609 de 8 núcleos tamén
consegue un grande rendemento, o que sumando aos seus 4 GB de RAM e os 128 GB
de almacenamento interno UFS (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512
GB) fai que esteamos ante un dispositivo moi completo polo prezo de 299 euros
que terá cando chegue ás tendas europeas o mes que vén.
Tamén cómpre salientar que este smartphone conta son Dolby, resistencia á auga
IP52, Bluetooth 5.0, Wi-Fi AC, NFC e radio FM.
VÃdeo promocional do Motorola One Vision