Motorola volve ao terreo de xogo co atractivo Moto G

mércores, 13 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos días un dos smartphones máis recomendados pola súa relación calidade-prezo é sen dúbida o Nexus 5, que por 349-399 euros ofrece unhas prestacións propias de moitos móbiles de alta gama, pero hoxe dáse a coñecer un terminal que pode quitarlle o protagonismo, o Moto G, que sae á venda en Brasil (o terminal presentouse nun evento en São Paulo) e varios países europeos por un prezo moi atractivo que, ao parecer, suporía o regreso ao mercado español de Motorola, de xeito que o novo smartphone podería mercarse libre dende o 1 de decembro a un prezo que parte dos 179 euros.
Pero non pensemos que o feito de estarmos ante un smartphone a un prezo axustado significa que esteamos ante un produto de baixa gama, senón que o novo terminal busca ofrecer unha experiencia de uso propia de terminais de alta gama, para o que conta cunha pantalla de alta definición de 4,5 polgadas, un procesador Qualcomm Snapdragon 400 de 4 núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, batería de 2.070 mAh, cámaras de 5 e 1,3 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, sistema operativo Android 4.3 actualizable a Android 4.4 KitKat a primeiros de 2014 e numerosas opcións de personalización a través de carcasas traseiras intercambiables, cubertas e marcos protectores, que estarán dispoñibles en cores rechamantes para quen queira engadirlle un toque diferente a este móbil elegante.
Espérase que o móbil teña 8 Gb de almacenamento interno no seu modelo básico, contando tamén cunha versión con 16 Gb de capacidade por só uns 20 euros máis.

O Moto G contará con carcasas traseiras intercambiables
Entre as opcións de personalización, o Moto G tamén contará con cubertas de cores


Vídeo promocional do Moto G


Vídeo do evento de presentación do Moto G en São Paulo

PUBLICIDADE