Movistar lanza novas tarifas de prepago con máis GB, chamadas ilimitadas e minutos internacionais

venres, 28 de xaneiro do 2022 S. P.

Movistar ofrece a partir do 1 de febreiro, polo mesmo prezo, unha oferta de prepago actualizada nas súas tarifas (Total, Premium e Plus), tanto para clientes novos como actuais. En virtude disto, todas as tarifas incorporarán agora chamadas ilimitadas nacionais a fixos e móbiles de calquera operador e incrementarán os seus GB dispoñíbeis, especialmente a opción Total, que se converte na tarifa con máis datos da oferta. Deste xeito, o novo prepago Movistar Total aumenta os GB de 25GB a 35GB; Premium de 15GB a 20GB e Plus de 7GB a 10GB.
A operadora engade que as melloras complétanse coa incorporación de 200 e 400 minutos internacionais nas tarifas Plus e Premium, respectivamente, e que todas estas novidades aplicaranse de forma automática sen custo adicional.
Respecto dos usuarios que necesiten completar algunha das súas tarifas con máis minutos ou GB, mellóranse tamén os bonos de só voz, datos ou minutos internacionais, compatíbeis con todas as tarifas prepago por 5 euros.

PUBLICIDADE