Movistar vende o móbil de Shrek nun pack

venres, 21 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Pensando nos agasallos de Nadal Movistar pon á venda o Play Pack Shrek, composto por un teléfono móbil Nokia 2630 de cor branca, un colgamóbil, unha funda personalizada e contidos gratuítos (un xogo, fondos de pantalla e un protector de pantalla).
O móbil é de baixa gama, aínda que é bastante delgado (9,9 milímetros) e incorpora radio FM e reprodutor de MP3, e o paquete no que se inclúe custa 59 euros (xunto cun saldo de 100 euros).

PUBLICIDADE