Muxía xa poden dispón dos servizos avanzados de R
venres, 30 de abril do 2021
Os
habitantes de Muxía xa poden dispoñer dos servizos avanzados de
telecomunicación que ofrece empresa telefónica R. Así, 1027
fogares e negocios quedarán preparados para recibir os servizos
avanzados de teléfono, internet de ata 500 Mbps
simétricos e televisión dixital multicanle de R.
En
total destináronse 10 millóns de euros en fondos europeos. Isto
enmárcase nos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos
Económicos e Transformación Dixital. Concretamente, o despregamento
en Muxía sitúase no eixo do proxecto destinado á extensión de
redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de
Galicia. Para estas actuacións, ofrécense preto de 2,6 millóns.
Cómpre
mencionar que hai dous proxectos máis de despregue
de banda larga
de nova xeración con tecnoloxía FTTH. Un levarase a cabo en 162
núcleos do centro-oeste de Galicia e contará cun investimento de
3,58 millóns de euros, mentres que o segundo desenvolverase en 196
núcleos do suroeste de Galicia e suporá un investimento total de
3,75 millóns de euros.
Desta
forma, arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán
conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as
actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de
Asuntos Económicos e Transformación Dixital. A estes traballos
deben engadirse as tarefas de extensión de redes avanzadas que R
desenvolveu a partir de 2016, en virtude doutro concurso do Plan PEBA
do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes
zonas brancas da xeografía galega.