NEC lanza no Xapón unha liña de portátiles inspirada nunha serie de anime
xoves, 6 de marzo do 2008
A finais de 2005 saÃu á venda no Xapón o videoxogo Kimi Kiss, que
finalmente inspirou unha serie de
animación xaponesa e mesmo unha liña de portátiles
de NEC.
A serie LaVie consiste nunha colección
de portátiles de distintas cores que na súa carcasa presenta unha imaxe
dunha das 4 protagonistas máis populares da serie de animación. Os equipos
conta cun procesador AMD Mobile Sempron 3600+ a 2 GHz, 512 Mb de RAM, 80 Gb de
disco duro, unidade DVD combo, pantalla de 15,4 polgadas cunha resolución de
1.280 x 800 pÃxeles, 4 portos USB 2.0, FireWire, Gigabit Ethernet, lector de
tarxetas de memoria e fenda ExpressCard,
vendéndose a 90.783 iens, aÃnda que tamén anuncian un modelo con 2 Gb de RAM e 120
Gb de disco duro por 106.000 iens (668,38 euros).
Detalle dos novos portátiles de NEC