NEC presenta un prototipo de portátil con Android

luns, 3 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Aínda que Android sexa un sistema operativo pensado para teléfonos móbiles e tablets, a súa versatilidade aseméllase á dun ordenador, ou así o ven dende NEC, compañía que vén de presentar o seu MGX, un equipos con pantalla OLED de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, unhas medidas de 215 x 109 x 9,9 milímetros e un peso de 350 gramos, que ten forma de ordenador pero que funcionaría co sistema operativo móbil de Google.
Aínda está en fase de prototipo, pero resulta interesante polas diferenzas de uso que tería con respecto a un ordenador tradicional (estariamos ante un equipo incluso máis portátil que os chamados ultraportátiles) e polo contraste con Chrome OS, que sería o sistema operativo de Google que si estaría deseñado para equipos portátiles.

O equipo ten unhas dimensións reducidas e resulta moi lixeiro

PUBLICIDADE