Nace a primeira revista de videoxogos para iPad

venres, 8 de abril do 2011 Marcus Fernández

Aínda que cada vez parece máis evidente que os tablets non son a panacea para as revistas en papel, cada vez son máis as publicacións que soben ao carro do iPad para experimentar cos novos formatos, como a revista Atomix, que presume de ser a primeira revista de videoxogos do mundo para iPad e destaca por publicarse simultaneamente en español e inglés.
A aplicación de Atomix pode descargarse de balde da App Store, para pagar logo 0,79 euros por cada exemplar da publicación que pretende explotar as posibilidades das pantallas táctiles para achegar unha experiencia de interacción sen precedentes.
A revista quere chegar a un público global e aposta pola diversidade de contidos, de xeito que tanto podemos atopar críticas de superproducións como de xogos independentes. Fai un uso intensivo do vídeo e no seu primeiro número (correspondente ao mes de abril) tratan temas como o xogo L.A. Noire, a Nintendo 3DS, a evolución dos xogos que está a ter lugar grazas a iOS ou a ampliación do universo de moitos videoxogos a través de novelas.


Vídeo de presentación da revista Atomix

PUBLICIDADE