Navegador GPS do Coche Fantástico

martes, 24 de xuño do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 49.3 KB

O fabricante de navegadores GPS Mio sorprende ao mundo licenciando un dos seus dispositivos coa marca Knight Rider (o Coche Fantástico da serie de televisión protagonizada por David Hasselhoff nos anos 80). Pero o navegador de Mio non só inclúe o logotipo da serie televisiva no seu exterior, senón que tamén destaca por contar coa voz de William Daniels (o actor que dobraba a KITT na serie orixinal) que mesmo se dirixe ao condutor chamándolle Michael.
Para rematar de redondear o produto, aos lados da pantalla LCD do navegador GPS temos unha serie de LED que lembran ao sistema gráfico que representaba o falar do Coche Fantástico, polo que este trebello que sairá á venda no outono por 270 dólares será imprescindible para moitos nostálxicos.


Vídeo do funcionamento do Mio Knight Rider GPS

O Mio Knight Rider GPS incluirá de serie os mapas de EE.UU. e Canadá, aínda que existirá a posibilidade de adquirir novos mapas internacionais, para que os interesados poidan facerse con este orixinal dispositivo dende calquera parte do mundo (aínda que non parece que vaian a dobrar a voz de KITT para mercados distintos ao norteamericano).

PUBLICIDADE