Netgear presenta un router con servidor Plex integrado

mércores, 19 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Definido como o router máis rápido do mundo Netgear presenta o Nighthawk X10, un impresionante produto que non se conforma con combinar as tecnoloxías 802.11ac e a 802.11ad, o que permítelle sumar velocidades Wi-Fi de até 7,2 Gbps, que graza a contar cun potente procesador de catro núcleos a 1,7 GHz convértese tamén no primeiro router do mercado en integrar un servidor Plex, ou sexa, que pode aproveitarse para servir contidos multimedia a distintos dispositivos cunha interface gráfica moi atractiva e grandes utilidades, creando o que poderiamos definir como un Netflix doméstico.
Este router con 4 antenas proporciona unha grande experiencia multimedia, sendo capaz de manexar con problema varios fluxos de vídeo 4K, xogos de realidade virtual ou descargas a altas velocidade, procurando sempre maximizar o alcance e o rendemento da súa conectividade sen fíos. A maiores tamén podemos comentar que pode configurarse comodamente a través da aplicación móbil NETGEAR Up, que conta con 7 portos Gigabit Ethernet e 2 portos USB 3.0, que está preparado para facer copias de seguridade na nube de Amazon Drive, e que ten potencia dabondo para poder dar servizo a máis de 20 dispositivos.
O prezo deste produto nos EE.UU. é de 499,99 dólares, polo que estamos ante un trebello que acompaña as súas elevadas prestacións cun prezo igualmente elevado, de aí que estea lonxe do alcance da meirande parte dos fogares e oficinas que poderían beneficiarse do seu rendemento.

O router Netgear Nighthawk X10 está preparado para poder xestionar varios streamings de vídeo en ultra alta definición

Vídeo de presentación do novo router de Netgear

PUBLICIDADE