Nikon podería presentar esta semana unha cámara compacta con Android 2.3

luns, 20 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Durante os últimos anos fomos vendo como os móbiles foron converxendo paulatinamente con outros dispositivos como as cámaras compactas, os navegadores GPS e os MID, pero estes trebellos tamén poden avanzar na mesma dirección, o que parece que queren demostrar dende Nikon coa cámara Coolpix P7700, que aínda non se anunciou oficialmente, pero da que veñen de filtrarse algunhas imaxes que deixarían ver que sería unha cámara compacta que funcionaría con Android 2.3, de xeito que, aparte de sacar fotografías, tamén serviría para navegar pola web, correr aplicacións e reproducir contidos multimedia.
Queda por ver se esta cámara é real, e cal sería o seu público, pero dado que cada vez as cámaras teñen máis funcionalidades (xeoposicionamento, filtros creativos, retoque fotográfico básico...) non parece desatinado pensar en Android como sistema operativo que estea detrás destas funcionalidades cada vez máis importantes á hora de elixir cámara dixital compacta.

A nova cámara de Nikon podería darse a coñecer oficialmente nos vindeiros días

PUBLICIDADE