Nikon presenta unha cámara con proxector integrado

martes, 4 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Nikon continúa a súa aposta innovadora presentando a cámara dixital COOLPIX S1000pj, que con seu sensor de 12,1 Mpíxeles e o seu zoom de 5x sorprende por incorporar un pico-proxector capaz de xerar unha imaxe de 40 polgadas na que presentar as nosas fotografías acompañadas por música e con efectos e transicións.
A cámara ten unha sensibilidade ISO de entre 64 e 6.400, conta cunha pantalla LCD de 2,7 polgadas, estabilizador de imaxe e gravación de vídeo. Agárdase que chegue ao mercado en setembro a un prezo de 429,95 dólares (298,18 euros).

A Nikon COOLPIX S1000pj será a primeira cámara en integrar un proxector


Vídeo de presentación da nova cámara de Nikon

PUBLICIDADE