Nikon presenta unha cámara cun zoom óptico de 42x
mércores, 1 de febreiro do 2012
Este mes Nikon vai levar o zoom óptico das súas cámaras da
serie COOLPIX P a un novo nivel, de xeito que a cámara
COOLPIX P510 chegará cun zoom óptico de 42x, contando tamén cun
estabilizador de imaxe avanzado para poder tomar unhas fotografÃas nÃtidas e un
vÃdeo estable. Esta impresionante cámara conta cun sensor BSI CMOS de 16,1
MpÃxeles, pode disparar 5 fotografÃas a máxima resolución nun segundo, grava
vÃdeo en alta definición (1.080p), xeoposiciona as nosas capturas cun GPS
integrado e tamén conta cunha pantalla de alta resolución de 3 polgadas.
Venderase en negro e vermello a un prezo de 429,95 dólares.
Nikon considera que estamos ante a cámara compacta
co maior zoom óptico do mercado, aÃnda que moitos incluirÃan esta cámara dentro
da categorÃa de cámaras bridge. De
calquera xeito estamos ante unha cámara excelente para tomar imaxes a certa
distancia ou incluso para disparar con pouca luz, satisfacendo a un tipo de
público que fuxe das DSLR por comodidade ou por prezo.