Nikon sorprende ao mundo cuns auriculares con visor de vÃdeo
martes, 7 de outubro do 2008
As lentes de
vÃdeo son un tipo de produto que leva moito tempo no mercado e non logra
facerse cun espazo estable (posiblemente
pola incomodidade do seu uso, e a fatiga que producen) polo que sorprende o
produto que se anuncia hoxe: os auriculares
Nikon UP300x, que inclúen un visor monocular para vÃdeos e conta
cunha memoria interna de 8 Gb e conectividade Wi-Fi.
O sorprendente dispositivo de Nikon é compatible con son en formatos MP3, AAC e
WMA para audio e WMV, MPEG-1 e MPEG-2
para audio, podendo tamén presentar contidos en HTML 4.01 con Flash 7 e
JavaScript.
Non falta quen comenta que este novo trebello lembra aos visores
que empregaban os guerreiros do espazo na serie de animación de Son
Goku ou os que utilizaban Jean-Claude
Van Damme e Dolph Lundgren en Soldado
Universal, polo que queda claro que se trata dun dispositivo
bastante raro do que se descoñece o público ao que irá dirixido.
O Nikon UP300x serve para escoitar música ou ver vÃdeos cunha sensación equivalente
a mirar unha pantalla de 50 polgadas a 3 metros de distancia aÃnda
que na práctica se trate dunha pantalla de 0,44 polgadas cunha resolución de 640
x 480 pÃxeles. Ten unha autonomÃa para vÃdeo duns 120 minutos e 270 minutos
para audio, o seu peso é de 385 gramos e se venderá a partir de
decembro no Xapón a 69.800 iens (418,8 euros) aÃnda que tamén haberá
unha versión reducida que contará con só 4 Gb de memoria interna
por 59.800 iens (358,8 euros).
- A comparación do Nikon UP300x cos visores da pelÃcula Soldado Universal é inevitable