Nissan introducirá nos seus vehículos navegadores GPS de baixo custo

martes, 1 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Os coches de alta gama levan un tempo integrando navegadores GPS, o que dispara considerablemente o seu prezo, pero dende Nissan decidiron levar esta tecnoloxía a uns rangos de prezo máis asequibles, e para xaneiro integrarán no seu novo Sentra un navegador GPS desenvolvido en colaboración con Bosch que contará cunha pantalla táctil de 5 polgadas, Bluetooth para comunicarse con móbiles, USB para conectarse con reprodutores multimedia, integración co iPod e soporte dos servizos de satélite de XM (como a información sobre o estado do tráfico) por un complemento de só 400 dólares (265,26 euros).
Deste xeito, os usuarios que estreen vehículo poderán optar por unha solución económica e cómoda de gozar dun navegador GPS no coche, sen ter que loitar con cables e cargadores cun navegador GPS non integrado.

PUBLICIDADE