Novo adaptador USB de D-Link para redes Wi-Fi AC
venres, 10 de maio do 2013
Cando
chegaron ao mercado o Wi-Fi N abriuse todo un abano de posibilidades para as
redes sen fÃos, que melloraron considerablemente a súa cobertura e velocidade,
facilitando en moitos casos a transmisións de vÃdeo en alta definición e outras
posibilidades ata o momento limitadas a redes de cable, pero o Wi-Fi segue a
evolucionar, e agora que está a desembarcar no mercado un novo estándar de
Wi-Fi, o IEEE 802.11ac, que dá un importante salto en velocidade (multiplicándoa
ata por 6), cobertura e estabilidade de conexión, e para poder gozar desta
tecnoloxÃa sen ter que cambiar de ordenador temos dispositivos como o novo adaptador
USB D-Links DWA-182, que está á venda por 79 euros e supón unha boa opción
para os usuarios que xa teñen un router Wi-Fi AC.
O novo adaptador de D-Link ten dobre banda (2,4 e 5 GHz, nas que acada
velocidades de transmisión de ata 300 Mbps e 867 MHz respectivamente), é
compatible con anteriores tecnoloxÃas Wi-Fi, ten botón WPS para facilitar a súa
configuración, mide 97,3 x 29,1 x 13,5 milÃmetros e pesa 20,5 gramos.