Nokia Lumia 930, o buque insignia de Windows Phone 8.1

mércores, 2 de abril do 2014 Marcus Fernández

Na apertura do congreso de desenvolvedores Build 2014 no Moscone Center de San Francisco, Microsoft deu a coñecer a vindeira actualización do seu sistema operativo móbil, o Windows Phone 8.1, que está previsto que chegue aos smartphones actuais no verán, pero que antes chegará algúns terminais novos como os que aproveitaron dende Nokia a presentar da man do propio Stephen Elop.
O novo buque insignia da compañía finlandesa que está a piques de culminar a súa adquisición por parte de Microsoft será o Nokia Lumia 930, que funciona cun procesador Snapdragon de catro núcleos a 2,2 GHz, 2 Gb de RAM, pantalla OLED Full HD de 5 polgadas e unha impresionante cámara PureView de 20 Mpíxeles con óptica ZEISS e estabilización óptica de imaxe, sendo capaz de mellorar especialmente a gravación de vídeo grazas á integración de catro micrófonos de alto rendemento. Conta con conectividade 4G e unha batería de 2.420 mAh que, pese ao delgado deseño do terminal, poderá cargarse mediante tecnoloxía de indución (prestación que no Lumia 925 necesitaba dun accesorio para conseguir reducir o grosor do terminal o máximo posible) e que veremos no mercado a partir do mes de xuño a un prezo que estaría no contorno dos 599 dólares.

Stephen Elop presentou hoxe o Nokia Lumia 930


Vídeo de presentación do Nokia Lumia 930

PUBLICIDADE