Nokia anuncia baterías externas con aparencia de baldosa de Windows Phone

xoves, 9 de maio do 2013 Marcus Fernández

O feito de que moitos smartphones teñan unha batería interna fixa dificulta o seu uso durante moitas horas en mobilidade, e para solucionalo existen cargadores externos que poden resultar moi prácticos, especialmente cando o usuario vaia a estar moitas horas afastado dun enchufe de corrente, e para atender a esta demanda Nokia sorprende polo formato que adopta unha das súas baterías externas, a DC-16, pois consiste nun bloque de 57 x 57 x 14,9 milímetros e 65 gramos de peso en cores rechamantes (branco, vermello, azul e amarelo) na liña dos presentes nos móbiles Lumia e Asha e cun indicador de carga nunha das súas faces que dálle a aparencia de baldosa de Windows Phone.
Esta nova batería poderá cargarse media micro-USB, achegando a carga tamén a través dun porto deste tipo, aínda que a súa capacidade é un tanto limitada (1.720 mAh) polo que só sería aconsellable o seu uso en terminais de gama media-baixa. Por fortuna, o seu prezo tampouco será moi elevado, asegurándose dende Nokia que chegarán a algúns mercados en xuño-xullo a 15 euros.

O Nokia DC-18 venderase en 4 cores rechamantes

PUBLICIDADE