Nokia anuncia unha tableta para competir co iPad mini 2
martes, 18 de novembro do 2014
Agora que os smartphones da familia Lumia xa están baixo a
marca Microsoft abriuse á porta para que Nokia poida volver a usar activamente
a súa marca para certo tipo de produtos de consumo, e para estrearse nesta nova
aventura a compañía finlandesa decidiu presentar unha nova tableta na liña do
iPad mini 2 de Apple, pero que opera co sistema operativo Android.
O Nokia N1 é unha tableta construída nun
corpo de aluminio dunha peza cunha pantalla IPS de 7,9 polgadas cunha
resolución de 2.048 x 1.536 píxeles con protección Gorilla Glass 3, procesador
Intel Atom Z3580 de catro núcleos a 2,3 GHz, 2 Gb de RAM, 32 Gb de
almacenamento interno, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, dous
altofalantes de 0,5 W, batería de 5.300 mAh, un grosor de 6,9 milímetros, un peso
de 318 gramos e un par de detalles que podemos considerar diferenciadores como
son que incorpore un porto micro-USB 2.0 tipo C reversible e vir xa con Android 5.0 Lollipop incluíndo a aplicación Nokia Z
Launcher (para facilitar o acceso ás aplicacións mediante xestos).
Polo momento non se coñece nin a data de lanzamento nin o prezo do trebello,
pero é de agardar que poidamos velo en Europa en febreiro-marzo a uns 249
euros, o que sitúa a este novo dispositivo nun rango bastante arriscado, xa que
cunhas prestacións semellantes resulta máis económico o Mi Pad de Xiaomi,
que xa ten certo recoñecemento comercial.
- O Nokia N1 sorprende por contar cun porto micro-USB reversible