Nokia presenta 4 novos móbiles

luns, 11 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O Nokia N76 inclúe transmisor de radio FM

Co gallo do Mobile World Congress a finlandesa Nokia presentou varios dos seus novos terminais: o N96, o N78, o 6220 Classic e o 6210 Navigator.
O Nokia N78 supón unha renovación da Nseries nun terminal con moitas características pensadas na reprodución musical, mentres que tamén conta cunha cámara de 3,2 Mpíxeles con foco automático (e A-GPS integrado), Bluetooth e Wi-Fi, aínda que destaca especialmente por integrar un transmisor FM, de xeito que se pode sintonizar na radio do automóbil para escoitar a música almacenada no seu interior. Venderase no vindeiro trimestre a 350 euros.

O Nokia N96 collerá sucederá ó N95

O Nokia N96 supón, pola súa banda, a evolución do N95, con dobre teclado deslizante, 16 Gb de memoria (ampliable mediante tarxetas microSD), cámara de 5 Mpíxeles (con foco automático, lente Carl Zeiss Tessar e flash de 2 LED), pantalla QVGA de 2,8 polgadas, sintonizador DVB-H (para ver TDT móbil), reprodución multimedia (soportando MPEG-4, WMV e vídeo Flash), conector estándar para auriculares, Bluetooth (A2DP), Wi-Fi, A-GPS e conectividade HSDPA. Venderase no terceiro trimestre do ano a 550 euros.
Os outros terminais presentados serían de gama media, coma o 6220 Classic, que só destaca por contar con cámara de 5 Mpíxeles (e se venderá por uns 325 euros), mentres que o 6210 Navigator procurará converterse nun navegador GPS tanto persoal coma para o vehículo, que se venderá por uns 300 euros.

PUBLICIDADE