Nokia presenta uns auriculares sen fíos ideais para os móbiles Lumia

mércores, 3 de abril do 2013 Marcus Fernández

Nos pasados días Nokia presentou o seus novos auriculares Nokia Purity Pro Wireless Stereo Heaset by Monster, que quere achegar unha reprodución musical de calidade libre de cables, pensando principalmente en usuarios de dispositivos como os móbiles da familia Lumia, de xeito que presentan unha gama de cores acorde á mesma (negro, vermello, amarelo e branco) e incluso NFC para poder sincronizar o smartphone cos auriculares con só tocarse.
Estes auriculares poden funcionar a través dun cable de auriculares estándar (3,5 mm) ou a través de Bluetooth 3.0, teñen unha batería interna que permítelle aguantar ata 168 horas en espera e 24 horas en uso, inclúe tecnoloxía de cancelación de ruído para poder escoitar mellor a nosa música ou as chamadas que recibamos no móbil e incluso poden encargarse para facilitar o seu transporte. Miden 190 x 185 x 632 milímetros e pesan 284 gramos, sendo o seu principal defecto o seu prezo, pois por 299 euros afástase do peto de moitos dos usuarios que estarían encantados de poder gozar deste excelente accesorio, especialmente nun momento no que a xente carece do pudor de vestir grandes auriculares pola rúa.

Os novos auriculares sen fíos de Nokia chegan en 4 cores distintas

PUBLICIDADE