Nova cámara 3D compacta de Rollei
xoves, 23 de decembro do 2010
O fabricante xermano de cámaras
dixitais Rollei quere comezar 2011 cunha importante aposta polas 3D, o que
comeza pola cámara
PowerFlex 3D, que conta con 2 sensores CMOS que toma imaxes estereoscópicas
cunha resolución máxima de 2.592 x 1.944 píxeles (5 Mpíxeles) e vídeos en alta
definición (1.280 x 720 píxeles a 30 cadros por segundo) amosando as imaxes
captadas nunha pantalla LCD de 2,8 polgadas cunha resolución de 640 x 480
píxeles que permite a visualización de imaxes tridimensionais sen o uso de
lentes especiais, coma fará tamén a pantalla da futura Nintendo 3DS. O prezo da
cámara que sairá á venda en xaneiro será de 299,95 euros.
Rollei tamén comercializará
simultaneamente o marco dixital de 7 polgadas Designline 3D, que cunha
resolución de 800 x 480 píxeles tamén permite a visualización de imaxes e
vídeos tridimensionais, eliminando así a necesidade de contar cun caro
televisor 3D para poder gozar comodamente das imaxes captadas coa nova
PowerFlex 3D.
- A Cámara Powerflex 3D incorpora unha pantalla auto estereoscópica
- O marco dixital Designline 3D permite ver imaxes estereoscópicas sen facer uso de lentes