Nova cámara Casio Exilim EX-Z150

luns, 14 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Casio achega a Europa unha nova cámara dixital da súa popular liña Exilim, a EX-Z150, que sairá en breve (aínda que non se determinou nin a súa data de lanzamento nin o seu prezo), e se trata dunha interesante cámara de reducidas dimensións (96,7 x 57,3 x 20,1 milímetros) e un peso de só 126 gramos.
A Casio EX-Z150 ten un sensor CCD de 8,1 Mpíxeles, zoom óptico de 4x, lente de grande angular (28mm), a pantalla LCD máis grande da gama Exilim (3 polgadas), 17,9 Mbytes de memoria integrada, función de detección de caras, modo YouTube (grava vídeos a 640 x 480 píxeles a 30 fotogramas por segundo cun límite de duración de 10 minutos) e soporte de tarxetas de memoria SDHC, SD, MMC e MMC+.

PUBLICIDADE