Nova capturadora de vídeo en alta definición de Diamond Multimedia
venres, 31 de agosto do 2012
A gravación de contidos en alta definición dende distintas
fontes de vídeo non é unha tarefa moi habitual actualmente, pero os usuarios
que desexen, por exemplo, gravar as súas partidas na PlayStation 3 ou na Xbox
360 para publicalas logo na Internet demandan este tipo de prestacións, de aí
que Diamond Multimedia poña á venda a capturadora
GC1000, que pode conectarse ao PC ou ao Mac por USB de xeito que converte o
sinal que se lle introduza por HDMI, S-Video, compoñentes ou vídeo composto a vídeo
dixital, facendo pass-through sen
retardo destes sinais (ou sexa, que o proceso de captura é transparente para o
xogador).
As gravación poden realizarse ata a 1.080i, de xeito que as partidas poden
compartirse logo en YouTube con grande calidade, pero non é a única utilidade
destes produto, pois tamén pode aproveitarse para conectar reprodutores de VHS
e DVD, receptores de televisión, cámaras de vídeo ou practicamente calquera
outro sinal audiovisual para a súa captura no ordenador, o que para moitos
compensará os 139,99 dólares que custa esta capturadora, que tamén estará
dispoñible nunha versión lite (a
GC500, que custará a metade, e carece de portos HDMI).
- A nova capturadora chega ao mercado coa vista posta nos usuarios de videoxogos