Nova sintonizadora AverTV Volar MAX

martes, 1 de abril do 2008 Marcus Fernández

AverMedia presentou nos EE.UU. a nova sintonizadora de televisión híbrida AverTV Volar MAX, que xunta nun único dispositivo USB radio FM, televisión analóxica e televisión en alta definición, compatible con Microsoft Media Center.
O dispositivo permite converter un ordenador sobremesa ou portátil nun centro de lecer electrónico, que destaca especialmente por poder gravar televisión analóxica e dixital en MPEG-2, MPEG-4 e mesmo co formato H.264 a unha resolución de 320 x 240 píxeles (compatible con iPods de vídeo).
A sintonizadora de televisión xa se vende nos EE.UU. por 79,99 dólares (uns 51,27 euros) pero haberá que agardar para ver a versión PAL en Europa, aínda que mentres está dispoñible a AverTV Hybrid Volar.
Hai que indicar que para certas funcións (como a gravación en MPEG-4 ou H.264) é preciso contar cun equipo informático bastante potente.

PUBLICIDADE