Nova solución para a realización audiovisual multi-cámara de OBSBOT
mércores, 14 de agosto do 2024
O pulo do vÃdeo a través da Internet levou á proliferación de solucións de realización audiovisual multi-cámara todo en un, que nin sequera precisan dun equipo informático para poder retransmitir en vivo, e o último fabricante en sumarse a esta tendencia é a compañÃa chinesa OBSBOT, coñecido polas súas cámaras web PTZ, que vén de pór á venda o seu OBSBOT Talent.
Estamos ante un estudio de produción e transmisión en vivo multi-cámara toto en un que dende un pequeno trebello permite codificar, conmutar, gravar, monitorizar e controlar o sinal de varias fontes de vÃdeo, simplificando a produción de vÃdeo.
AÃnda que o OBSBOT Talent soporta até 7 entradas de vÃdeo a través de HDMI, USB, NDI, SRT e RTMP que logo poden transmitir a servizos como YouTube ou Twitch, a súa intención é que os usuarios o utilicen prioritariamente en combinación con até 3 cámaras OBSBOT Tail Air conectadas por NDI para conseguir asà o control e gravación de directos dun xeito sinxelo e áxil.
Esta solución pode gravar ISO, codifica en H.264 e H.265, conta con funcións de recorte e tamén permite a realización de Chroma Key, de xeito que ten unha grande versatilidade para os creadores, que poden controlar todo dende unha pantalla táctil AMOLED Full HD de 5,44 polgadas, dende a que supervisar o vÃdeo en tempo real e mudar de escenas. Tamén pode operarse o dispositivo a través dun navegador web ou dun controlador remoto, facilitando asà tamén a operación en equipo (incluso para eventos multi-localización).
Con OBSBOT Talent tamén é posible empregar efectos de imaxe en imaxe, integrar marcadores deportivos, introducir contas atrás, engadir gráficos HTML en vivo, debuxar en directo sobre a pantalla ou presentar sobreimpresións na parte inferior da pantalla con información importante durante os directos. Tamén permite mesturar as fontes de audio e incluso conta con función de repetición instantánea.
Estamos ante unha solución moi versátil que xa pode adquirirse de xeito independente por 1.059 euros ou con tres cámaras PTZ e un mando a distancia por 3.049 euros.