Nova xeración de unidades SmartSSD

martes, 2 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Samsung está a presentar a súa nova xeración de unidades SmartSSD, solución de almacenamento que consiste en incorporar o procesamento de dato dentro dunha SSD de alto rendemento, minimizando as transferencias de datos entre CPU, GPU e RAM, evitando así os colos de botella e conseguindo unha mellora notable do rendemento dos sistemas e unha eficiencia enerxética moito maior.
Grazas ao software específico desenvolvido para estas unidades, xunto cos núcleos ARM incorporados, esta segunda xeración de SmartSSD de Samsung consegue reducir o tempo de consultas de bases de datos de alto nivel de escaneo en máis dun 50%, o consumo de enerxía até un 70% e a utilización de CPU até un 97%.

PUBLICIDADE