Novas pistas apuntan a que no outono poderÃa ver a luz un iPad de 12,9 polgadas
mércores, 19 de agosto do 2015- Imaxe simulada na que se comparan os tamaños do iPad mini e o iPad co futuro iPad Pro.
Os rumores sobre un iPad de 12,9 polgadas levan xa anos
circulando, pero agora parece que o seu anuncio estarÃa próximo, xa que Appsee
detectou o uso dun dispositivo co identificador iPad6,8 que terÃa unha
resolución de 2.732 x 2.048 pÃxeles e iOS 9.1, o que pode dar a entender
que, tras presentarse os novos iPhone a primeiros de setembro (posiblemente o
dÃa 9), poderÃa anunciarse o suposto iPad
Pro, que aproveitarÃa o seu incremento de pantalla principalmente para
facilitar o uso de dúas aplicacións a pantalla partida.
AÃnda que non hai nada seguro ao respecto do futuro produto, no código de iOS 9
agóchanse numerosas pistas que dan a entender que será unha realidade, chegando
incluso a concretarse que o seu tamaño exacto de pantalla serÃa de 12,93
polgadas, o que serÃa unha clara aproximación ao Surface Pro 3 de Microsoft, co
que poderÃa
ter outro grande punto en común: o uso de stylus
ou lapis dixitalizador. Este último elemento serÃa un accesorio oficial, ou
sexa, que serÃa opcional, de xeito que irÃa destinado a artistas, deseñadores e
a todos eses usuarios que queiran trasladar a experiencia do papel á tableta.
Un paso que parece bastante interesante nun momento no que o mercado de
tabletas deixou de medrar, polo que é preciso innovar para forzar a renovación
do parque actual.
KGI Securities chega a prever a entrada do iPad Pro en produción o vindeiro mes de outubro.