Novas webcams de Microsoft para achegar videomensaxes e efectos a Windows Vista
martes, 9 de setembro do 2008
Microsoft
presentou 2 novas cámaras web, a LifeCam Show e a LifeCam VX-5500,
que buscan achegar a videoconferencia e as mensaxes de vÃdeo aos ordenadores,
tanto portátiles coma de sobremesa.
A LifeCam
VX5500 ten un sensor VGA e é
capaz de tomar instantáneas a 1,3 MpÃxeles. Tamén inclúe tecnoloxÃa de
cancelación de ruÃdo e frontais intercambiables en varias cores (branco, azul e
vermello). O seu prezo de venda será de 59,95 dólares nos EE.UU.
A LifeCam
Show dá un paso adiante en calidade, e pese a ter un tamaño moi
reducido (33 x 62 milÃmetros) conta cun sensor de 2 MpÃxeles (ou sexa, alta
definición) e pode tomar imaxes estáticas a 8 MpÃxeles. A cámara inclúe un clip
para a súa colocación na pantalla de equipos portátiles, unha base para o
escritorio e discos adhesivos (que permitirÃan pegar a cámara á tapa dun
portátil, podendo pecharse o equipo sen ter que quitar a cámara). Esta cámara
tamén incorpora tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo e de eco, polo que achega
unha claridade de son que facilita a comunicación con outros usuarios.
Ambas cámaras inclúe software LifeCam que fai doada a realización de
videoconferencias nas que se poden integrar efectos especiais (coma accesorios
3D, esaxeracións faciais e filtros). Tamén poden acceder ao servizo de Video
Messages que Microsoft ten en probas.
Estas webcams sairán á venda en outubro.