Artigos desta sección
Holanda é o primeiro país do mundo en abandonar a televisión analóxica
Levamos moitos meses falando da Televisión Dixital Terrestre e do apagón analóxico que faría que fose imposible recibir a televisión nos televisores actuais que non estivesen adaptados (e que de seguir así non acontecerá ata despois de 2016), pero o que sorprende nestes momentos é que xa se produciu o primeiro apagón analóxico do mundo. Así, os holandeses (...)
Ler máisCingular ofrecerá conexións HSDPA a 7,2 Mbps
Mentres en España, operadoras coma Vodafone lanzan sistemas que permite a navegación dende ordenadores portátiles a velocidades de ata 3,6 Mbps valéndose da rede de telefonía móbil, noutros países xa están a mirar á evolución deste tecnoloxía (HSDPA) para permitir a comunicación a 7,2 Mbps, que Cingular ofrecerá a primeiros de 2007, polo que é de agardar que pronto (...)
Ler máisADSLZone estrea televisión por Internet
A febre polo lanzamento de canles de vídeo na Internet chegou agora a ADSLZone, que estreou a súa televisión en liña na que se fala de tecnoloxía, a televisión dixital e o ADSL, podéndose ver os clips dende a súa web ou descargar en formato Windows Media Vídeo (tendo prevista a súa publicación en MPEG ou para iPod, PSP e móbil).Para a elaboración destes novos (...)
Ler máisGoogle domina o sector das buscas na Internet
Dende o afamado blog de novas sobre o buscador máis popular do mundo, Google Dirson, comentan o documental Google, tras la pantalla que se emite na canle Odisea, especialmente no tocante ás estatísticas de uso de Google a nivel mundial, na que se aprecia que a penetración do buscador é do 59,7% a escala global, pero que particularmente achega unhas cifras (...)
Ler máisMicrosoft presenta o Windows Vista este martes na Coruña
O Windows Vista (o novo sistema operativo de Microsoft) está a chegar a Galiza vía A Coruña e tendo ó Centro de Estudos Caixa Galicia como primeiro (que non derradeiro) centro de operacións.Será neste espazo, ó longo da xornada de hoxe martes 11, onde diferentes representantes da empresa fundada por Bill Gates farán fincapé nas novidades que achega o novo (...)
Ler máisMySpace tratará de impedir que os delincuentes sexuais accedan ós seus servizos
MySpace é hoxe por hoxe un servizo web que conta cun importante seguimento por parte da mocidade (sobre todo) que se achega a ela pola oferta de música e lecer, aínda que tamén é (inevitablemente) empregada por adultos na busca de sexo con menores. Sabedores disto (ou polo menos recoñecendo o problema abertamente), os creadores de MySpace veñen de anunciar a (...)
Ler máisFirefox: adeus ás minorías minoritarias
O navegador Firefox, de devecer algo, devece por deixar de ser sinal distintivo dunha minoría internauta que leva anos negándose a saír a bailar con Microsoft e o seu Internet Explorer. O seu soño, en caso de que un navegador puidese algún día ter un soño, é quitarse de enriba a imaxe de ferramenta semi-friki para usuarios de software libre e convencer das súas (...)
Ler máisO Festival de Documentais de Tui recibe 5.613 documentais de 55 países
Do vindeiro 21 ó 25 de marzo do 2007 terá lugar en Tui o Festival Internacional de Documentais, máis coñecido como Play-Doc e que celebra xa a súa terceira edición e conta polo de agora con 513 películas procedentes de 55 países de todo o mundo, unha cifra nunca acadada até o momento que pon de relevo a magnífica acollida deste festival alén das nosas fronteiras, (...)
Ler máisO anunciado libro da Miss Intelijente sae finalmente á luz.
A súa autora faise chamar “la más guapa” e defínese a si mesma como “una chica muy simpatica y tambien muy guapa”. Porén, o certo é que (guapa ou non) a protagonista da bitácora Diario de una Miss intelijente acadou nos últimos meses un gran éxito de audiencia, sobre todo na Arxentina, chegando a participar en programas de radio e televisión e causando furor alí (...)
Ler máisO CESGA e a UDC colaboran nun proxecto tecnolóxico para mellorar a calidade de vida dos discapacitados dende os seus fogares
Afondar nas posibilidades das novas tecnoloxías da información como instrumentos para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidades. Este é un dos grandes obxectivos dun proxecto recentemente aprobado pola Dirección Xeral de I+D e que conta coa área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia en labores de coordinación e coa unidade (...)
Ler máis0 | ... | 48510 | 48520 | 48530 | 48540 | 48550 | 48560 | 48570 | 48580 | 48590 | ... | 48930
