Artigos desta sección
O Nadal chega con dous meses de antelación ós comercios virtuais
Co outono acabado de estrear e cando moitos galegos e galegas aínda non desfixeron as maletas da viaxe das vacacións de verán (e cunha longa listaxe de despreocupados que nin sequera as temos preparadas para saírmos no primeiro voo cara ás illas afortunadas na procura dos últimos raios de sol do ano); os comerciantes e empresarios on line xa están a preparar (...)
Ler máisO grupo vigués Lalandi aposta pola promoción en Internet
A corporación viguesa Lalandi Group vén de apostar forte por Internet como canle de promoción e comunicación (xusto cando se cadra fan máis falla estas iniciativas, agora que coñecemos os malos resultados sobre penetración en Galiza das novas tecnoloxías que reflectimos aquí mesmo). E fíxoo cunha nova web, presentada este mércores en Conxemar, a Feira (...)
Ler máisMuse y Thom Yorke trunfan nos Premios de Música Dixital
Agora que esa autoestrada que é o futuro da música semella que pasa de xeito irremediable polo país da Rede proliferan cada vez máis os recoñecementos e as palmadiñas nas costas a todos aqueles artistas ou afeccionados internautas que achegan iniciativas de interese tanto para uns como para outros. É o caso dos Premios da Música Dixital, que chegou (xa!) á súa (...)
Ler máisNokia achega widgets ós móbiles
As pequenas aplicacións que se poden colocar no escritorio do ordenador ou nunha páxina web e que responden ó nome de widgets tamén se achegarán ós móbiles, e así Nokia anunciou que moitos dos terminais de telefonía móbil poderán incorporar agora o que dan en chamar WidSets, que se poden configurar de balde dende a súa páxina web, de xeito que dende os móbiles se (...)
Ler máisSharp presenta unha pantalla LCD que cuadriplica a resolución da HDTV
Durante a feira CREATEC 2006 Sharp amosou o prototipo dunha pantalla LCD de 64 polgadas que acada unha resolución que cuadriplica á da alta definición, de xeito que incluso pode amosar 4 pantallas de alta definición simultaneamente sen perda de calidade.A nova pantalla ten unha resolución de 4.096 x 2.160 píxeles fronte os 1.920 x 1.080 que apenas acadan a (...)
Ler máisDesenvolven un sistema para a realización de informativos virtuais automatizados
A translación de información gráfica e textual a vídeo resulta cara e complexa, pero comezan a aparecer solucións que automatizan a difícil conversión que, aínda que teñen moito que evolucionar, están a dar pasos adiante significativos, coma News At Seven, que é un informativo televisivo xerado completamente por ordenador de xeito automático.O novo sistema (...)
Ler máisGoogle merca o garaxe no que iniciou a súa vida
Google mercou o garaxe de Silicon Valley no que naceu o buscador fundado por Larry Page e Sergey Brin a finais de 199, e deste xeito a compañía poderá conservar parte da súa historia.Cando comezou a operar o popular buscador, Page e Brin (aínda sendo estudantes) alugaron o garaxe a Susan Wojcicki, o que foi o seu comezo coma emprendedores, tralo que (...)
Ler máisGalicia está no penúltimo posto de España na penetración da Internet
Malas novas para Galicia, pois segundo a Comisión do Mercado das Telecomunicacións, a nosa comunidade ocupa o penúltimo lugar na clasificación autonómica de penetración da Internet, adiantando só a Estremadura.A nivel estatal o resultado parece positivo, pois se pasou dun 10,8% de penetración da banda larga a un13,11% de xeito que xa se conta con máis de 6 (...)
Ler máisA Rede podería comezar a influír nos resultados electorais segundo o director de Google
Eric Schmidt, director de Google, está convencido de que a Internet afectará ós futuros comicios electorais en todo o mundo, e chama ós políticos a tomar consciencia sobre o impacto da Rede nunhas declaracións que realizou ó Financial Times.”Moitos dos políticos realmente non entenden moi ben o fenómeno da Internet, en boa medida pola súa idade (..) e a miúdo o (...)
Ler máisJVC presenta un prototipo de televisor de 110 polgadas
O tamaño dos televisores está a chegar a dimensións inéditas, e así a Victor Company of Japan (JVC) desenvolveu un televisor retroproxector de 110 polgadas, converténdose no dispositivo deste tipo máis grande do mundo.A pantalla deste novo dispositivo mide 243,5 x 137 cm empregando a tecnoloxía de panel de cristal líquido reflectinte D-ILA (propiedade de JVC) e (...)
Ler máis0 | ... | 48840 | 48850 | 48860 | 48870 | 48880 | 48890 | 48900 | 48910 | 48920 | 48930
