Novo GPS de Blusens con cartografía 2D
xoves, 9 de outubro do 2008
Pese a que aínda non se
coñece a data de lanzamento nin o prezo, varios
blogs tecnolóxicos se lanzaron a analizar o novo navegador GPS de Blusens,
o N10, que conta cunha pantalla panorámica táctil de 3,5 polgadas cunha
resolución de 320 x 240 píxeles, cartografía bidimensional de TeleAtlas (con
España, Portugal e Andorra) que tamén conta con capacidade para a reprodución
de audio (MP3, WAV e MID) e vídeo (AVI, MP4, ASF e WMV) e visualización de imaxes
(BMP, JPG, PNG e GIF) e textos.
O Blusens
N10 funciona cun procesador a 266 MHz, emprega o sistema operativo
Windows CE e integra 1 Gb de memoria
Flash. Tamén conta con conexión para antena externa, porto USB 2.0, lector de
tarxetas de memoria SD/MMC, altofalantes de 1,5 vatios e toma para auriculares.
Mide 92 x 82 x 21 milímetros e pesa 151 gramos.