Novo MacBook con carcasa de policarbonato branco
mércores, 21 de xaneiro do 2009
O pasado outubro Apple
renovou en aparencia e potencia os seus portátiles MacBook,
incorporando una carcasa de aluminio e unha potencia gráfica que fai aos
equipos moito máis versátiles, mantendo o vello modelo de carcasa
branca no mercado para poder ofrecer asà un equipo portátil por
menos de 1.000 dólares (e que en España se vende por 899 euros), que
finalmente, e sen
previo anuncio por parte de Apple, melloran as súas prestacións técnicas,
polo que nos EE.UU. xa se poden adquirir sen incremento de prezo estes equipos
co dobre de memoria RAM (2 Gb) e unha tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 9400M, que
substitúe á cativa Intel GMA X3100.
O novo equipo conserva a súa carcasa de policarbonato branco e incluso o seu
porto FireWire (desaparecido nas carcasas unibody
por desgraza para os seus usuarios, que estaban afeitos a contar con este tipo
de conexión nos equipos de Apple). Como desvantaxe quedarÃa que continúan a
utilizar memoria DDR2 (cando os novos modelos xa pasaron á DDR3) e a súa
velocidade baixarÃa 100 MHz (o que non deberÃa notarse en absoluto xa que o bus
de datos pasa de 800 a 1.066 MHz).
Temos asà un equipo portátil de Apple que realmente se axusta ás necesidades de
moitos usuarios, combinando unhas boas prestacións cun prezo bastante
atractivo, mentres que o feito de non contar cunha carcasa de aluminio poderÃa
incluso ser unha vantaxe de cara ao mantemento do hardware do equipo (ao que
será máis doado cambiar a baterÃa, por comentar un exemplo).
AÃnda non se coñece cando a actualización deste portátil chegará a España, pero
é de supor que o faga nos vindeiros dÃas.