Novo adaptador Bluetooth cunha cobertura de ata 100 metros
venres, 4 de abril do 2008
Logitech comezou a
comercializar no Xapón un novo adaptador Bluetooth 2.1 + EDR que funciona a
través dun porto USB de calquera ordenador con Windows ou Mac OS X, e con
respecto a outros adaptadores Bluetooth destaca por mellorar a súa cobertura e
reducir o seu consumo.
O novo adaptador de Logitech promete establecer
conexións ata a 100 metros de distancia, o que tamén permite multiplicar
por 5 a autonomía de teclados e ratos sen fíos, pois precisa de menos enerxía
para comunicarse cos mesmos.
Este trebello mide 19,2 x 9,0 x 59,6 milímetros, pesa 10 gramos e se vende por
2.280 iens (uns 14,17 euros).