Novo clon chinés do iPod nano

mércores, 25 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Moitos usuarios optan por adquirir dispositivos electrónicos de marcas descoñecidas para aforrar uns cartos, pero nalgúns casos estes produtos rozan o timo ao presentar aparencias externas case exactas a outros trebellos claramente recoñecibles (pero con prestacións moi inferiores), e igual que no seu día vimos clons do iPod shuffle, agora é o iPod nano o reprodutor multimedia vítima da copia descarada.
O produto de fabricación chinesa é un reprodutor modelo DMP-307D con 1 Gb de capacidade interna, pantallas de 1,8 polgadas, sintonizador de radio FM, batería recargable, gravador de voz, soporte de audio en MP3, MP4, WMA, WMV, ASF e WAV e de vídeo en AMV, conectándose ao PC a través de USB (que serve tanto para cargar o reprodutor como para cargarlle contidos).
Este reprodutor se vende a 14,8 dólares en cantidades de 500 unidades, o que podería ser un produto atractivo, pero hai que advertir que dista moito do reprodutor iPod nano de Apple, polo que é moi posible que nalgunhas tendas e poxas a través da web procuren enganar ao usuario con este produto.

PUBLICIDADE