Novo dispositivo para a navegación 3D

martes, 28 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Unha empresa subsidiaria de Logitech, 3D Connexion, anunciou un novo periférico que permite a navegación por espazos virtuais en tres dimensións coñecido coma o SpaceNavigator, que permitiría substituír á combinación de rato e teclas que ata o momento hai que empregar para aplicacións tridimensionais.
O dispositivo contou coa colaboración de Google, de xeito que tamén funciona con produtos coma Google Earth e mesmo a aplicación de modelado 3D Google SketchUp, podendo tamén empregarse en aplicacións tan coñecidas coma o AutoCAD.
O novo dispositivo conta con 6 sensores ópticos, e se pode empregar coa man esquerda mentres que se manexa o rato coa dereita (ou viceversa). Este revolucionario periférico conta cunha versión persoal que se vende a 49 dólares e unha profesional por 99 dólares.

PUBLICIDADE