Novo escáner compacto de Plustek
martes, 10 de abril do 2012
AÃnda
que na actualidade o tipo de escáner máis habitual é a impresora multi-función,
os usuarios en mobilidade precisan de dispositivos máis doados de transportar,
de aà que aparezan trebellos como o Plustek
MobileOffice D412, un escáner de documentos e tarxetas a cor capaz de
dixitalizar unha páxina tamaño DIN A4 en 4,6 segundos, mantendo un tamaño
compacto (295 x 69,2 x 50 milÃmetros) e un peso aceptable (0,77 quilogramos).
Este escáner ten unha resolución óptica de 600 puntos por polgada, pode
dixitalizar unha folla polas dúas caras á vez, conéctase ao PC mediante un
porto USB, cumpre coa norma TWAIN (o que facilita o seu uso dende a meirande de
aplicacións do mercado), pode alimentarse a través dun adaptador ou de USB,
conta cun procesador de imaxe avanzado que facilita o escaneo de documentos de
diferentes tamaños e tarxetas plastificadas sen facer axustes e realizando un
recoñecemento óptico de caracteres (OCR) do resultado, e incluso permite a
xeración de documentos PDF ou documentos de Microsoft Office editables.
Este novo escáner xa está
á venda nos EE.UU. por 253,48 dólares (193,66 euros), descoñecéndose o
prezo que terá cando chegue ao mercado europeo.
- O novo dispositivo de Plustek xunta versatilidade e portabilidade