Novo gamepad de PDP para xogos de loita
mércores, 9 de febreiro do 2011
Os sistemas de
control das consolas de videoxogos están deseñados dun xeito bastante xenérico
de xeito que non están optimizados para tÃtulos en concreto, de aà que para os
xogos de loita existan tanto réplicas dos mandos de máquinas recreativas coma gamepads de uso especÃfico (que carecen
dos 2 sticks analóxicos propios das actuais consolas domésticas de alta definición).
Nesta última liña chega agora o Versus
Fighting Pad na súa Marvel Editon,
que pode conectarse á Xbox 360 por USB e conta con 6 botóns na súa parte
dereita (con micro interruptores de alta calidade) e un stick de grande tamaño para manexar co polgar e que opera coma un
mando de recreativa.
A carcasa deste mando está decorada cun deseño propio do xogo Marvel vs Capcom 3, que inspirou a
chegada ao mercado deste periférico que está á venda por 39,99 dólares (29,31
euros), do que aÃnda non sabemos se contará con distribución europea, se terá Capcom Edition ou se contará con versión
para PlayStation 3. O feito de que esteamos ante un periférico por USB tamén
posibilitarÃa o seu uso nun PC.
Podemos ver máis detalles sobre este novo mando para Xbox 360 no seguinte
vÃdeo: