Novo móbil LG con cámara de 8 Mpíxeles
venres, 10 de outubro do 2008
Esta semana LG
Electronics anunciou o seu novo móbil LG
KC780, que se trata dun terminal con teclado deslizante que foi
capaz de conter o seu grosor en só 13,7 milímetros, e que incorpora unha
pantalla LCD de 2,4 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles e unha
cámara de 8 Mpíxeles con óptica Schneider-Kreuznach e sensibilidade de ISO
1600.
O KC780 ten conectividade Bluetooth 2.1 (con tecnoloxía Smart Bluetooth que permite, entre outras cousas, empregar a cámara
do móbil coma webcam para un ordenador co que se comunique), USB 2.0,
altofalante, sintonizador de radio FM e unha autonomía de 6 horas en con versa
e 450 en espera.
Este novo móbil de 107 x 52 x 13,9 milímetros e 119 gramos de peso chegará ao
mercado europeo no mes de novembro.