Novo móbil con Android de Samsung
luns, 5 de outubro do 2009
Tras
o prometedor Samsung Galaxy, o fabricante surcoreano continúa a súa aposta polo sistema operativo
promovido por Google, que responderá ao nome de Samsung
Behold II, e ao que non faltará conectividade 3G, pantalla AMOLED de
3,2 polgadas, cámara de 5 MpÃxeles con autoenfoque e flash, GPS, Bluetooth, Wi-Fi
e lector de tarxetas de memoria microSD de ata 16 Gb.
Este novo terminal fará
uso da interface de usuario TouchWiz (implementada nun cubo
tridimensional) e polo momento non sabemos cando venderase en Europa.