Novo móbil con Android de Vodafone

martes, 28 de setembro do 2010 Marcus Fernández

De cara ao Nadal, Vodafone renova a súa oferta de terminais de marca propia, entre os que destacamos o Vodafone 945 por tratarse dun móbil con Android 2.1 que busca coller o relevo so Vodafone 845, e que conta cunha pantalla capacitiva de 3,2 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles con flash, Wi-Fi, 300 Mbytes de memoria integrada ampliable mediante tarxetas microSD.
O terminal incluirá os servizos 360 da operadora británica coma Vodafone Music (con máis de 2 millóns de cancións sen DRM dispoñibles) e unha tenda con milleiros de aplicacións para ampliar as posibilidades deste terminal que posiblemente estará dispoñible de balde ao contratarse unha tarifa de datos para o móbil.

PUBLICIDADE