Novo móbil con teclado QWERTY de LG

luns, 19 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A familia de móbiles Optimus de LG ten un novo integrante, o LG Optimus Q2, que é unha evolución do anterior terminal Q, que tamén tiña teclado QWERTY, e que agora conta cunha pantalla IPS de 4 polgadas con resolución WVGA que ten 12,3 milímetros de grosor e 147 gramos de peso, de xeito que sería un pouco máis delgado e lixeiro que outros terminais do mesmo tipo (con teclado deslizante).
O LG Optimus Q2 contará cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, cámara de 5 Mpíxeles e soporte de Wi-Fi Direct (o que permitiría transferencias de datos ata 22 veces máis rápidas que o Bluetooth).

PUBLICIDADE