Novo monitor 3D de HP, con lentes pasivas
luns, 31 de outubro do 2011
A oferta de pantallas que permitan gozar de vídeo
estereoscópico continúa a mellorar, e agora é HP a compañía que se suma a esta
tendencia co seu monitor
LED 3D HP 2311gt de 23 polgadas, que cunha resolución Full HD, panel con
tecnoloxía Film Patterned Retarder (FPR) para permitir o uso de lentes pasivas
(inclúe 2 pares), un tempo de resposta de 5 milisegundos e un prezo de 299
euros convértese nunha opción moi atractiva para introducirse reprodución de
contidos 3D no fogar. Amais, esta pantalla é compatible co software de
CyberLink para poder gozar de películas en Blu-ray 3D, así como con centos de
xogos, contando tamén cunha tecnoloxía
que converte en tempo real os vídeos 2D en 3D, para suplir así a carencia de
contidos adaptados a esta tecnoloxía.
As vantaxes das lentes pasivas son principalmente o seu prezo máis reducido e o
seu peso máis lixeiro, mentres que o argumento dunha imaxe máis agradable para
os ollos que reduza a fatiga visual non deixa de ser un argumento comercial
para defender unha tecnoloxía á que nos estamos a afacer nas salas de cine.