Novo monitor curvo ultrapanorámico de Dell

mércores, 14 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Dell non só está a preparar un impresionante proxector de vídeo láser 4K con HDR, senón que tamén está a incorporar ao seu catálogo o monitor curvo Dell UltraSharp 38 (modelo U3818DW), que o vindeiro día 23 sairá á venda nos EE.UU. a un prezo de 1.499 dólares, e que será o primeiro monitor ultrapanorámico curvo de 37,5 polgadas de Dell, orientado para a multitarefa e a produtividade.
O Dell U3818DW está preparado para configuracións multi-cliente e para dous monitores, de xeito que os usuarios poderán ver aplicacións entre 2 ordenadores simultáneos e administrar contidos cun único teclado e rato coa característica de KVM. O software de Dell facilita o uso de varios monitores, o reparto de aplicacións en pantalla partida ou incluso o uso de prestacións de Picture-in-Picture.
O monitor tamén conta cun cable USB-C de 100 watts, que permite achegar corrente, audio e vídeo entre o portátil e o monitor. Tamén integra altofalantes de 9 watts.

O novo monitor de Dell pode gozar de funcionalidades de KVM

PUBLICIDADE