Novo monitor táctil de Philips
martes, 10 de decembro do 2013
Para gozar das funcionalidades táctiles de Windows 8 non é
preciso optar por un tablet ou un ordenador todo-en-un cunha pantalla táctil,
senón que podemos engadirlle a un ordenador actual un monitor táctil como o que
vén de presentar Philips, o SmoothTouch
231C5TJKFU, que chega cun panel IPS Full HD de 23 polgadas con 10 puntos
táctiles que para funcionar precisan de conectar a pantalla ao ordenador por
USB.
Este monitor con Philips SmoothTouch é compatible cos xestos táctiles de
Windows 8, abre tamén a porta aos xogos táctiles pensados para tablets dende o
noso escritorio, conta tamén con webcam e micrófono para facilitar a
realización de videoconferencias e incorpora un par de altofalantes de 2 vatios
RMS. Está equipado cunha peaña regulable (SmartStand) que permite inclinar o
monitor cara atrás para facilitar o seu uso táctil e goza de boa conectividade
(soporta USB 3.0, tanto para transferir datos como para cargar dispositivos, e
inclúe conexións DisplayPort, HDMI e VGA).
O prezo de venda deste atractivo monitor é
de 499 euros.
- O novo monitor de Philips facilita un cómodo uso das súas funcionalidades táctiles