Novo ordenador todo-en-un de Toshiba
mércores, 28 de setembro do 2011
- O equipo ten unha pantalla de 23 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles
Toshiba está a
ampliar a súa familia de ordenadores todo-en-un co novo
Toshiba FX735, un equipo con pantalla de alta definición multi-táctil de 23
polgadas, con altofalantes de alta calidade, e coa posibilidade de sintonizar
televisión, ver pelÃculas en DVD e gozar de videoxogos, todo nun espazo
bastante reducido que fan que sexa unha opción moi interesante para o fogar ou
un dormitorio, por ser unha solución multi-propósito moi compacta.
No que a prestacións se refire, estamos a falar dun equipo con procesador Intel
Core i5/i7, 4 Gb de RAM, 1 Tb de disco duro a 7200 rpm, un porto USB 3.0 (coa
opción de Sleep & Charge), 4
portos USB 2.0, gravador de DVD e teclado e rato Bluetooth. O seu acabado é en
negro brillante e porase á venda nos EE.UU. o vindeiro 2 de outubro a un prezo
que parte de 956,99 dólares (707,22 euros).