Novo ordenador todo-en-un de LG con pantalla IPS 3D

luns, 23 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Para quen desexe un equipo elegante e versátil para o seu escritorio LG desvelou un novo equipo todo-en-un tan completo como atractivo, pois está composto por unha pantalla IPS 3D de alta definición (1.920 x 1.080 píxeles) e 27 polgadas de diagonal que estará dispoñible en distintas configuracións que na súa versión máis potente contaría cun procesador Intel Core i5 de terceira xeración, 8 Gb de RAM, USB 3.0, gráfica nVIDIA GT640M con 1 Gb de memoria e a posibilidade de contar cunha unidade de disco SATA3 híbrida de 750 Gb (ou un disco duro tradicional).
O peor deste equipo, o LG V720, é que non parece previsto que vaia comercializarse fóra de Corea do Sur.

PUBLICIDADE